O concurso PATAPAS atravesa a fronteira provincial

Grupo de cociñeiros e cociñeiras na presentación dos pinchos
O concurso PATAPAS atravesa a fronteira provincial


O programa XUNTOS da TVG interesouse por el


Hoxe domingo  a tarde a TVG conectou en directo coa praza Maior de Xinzo na que se atopaban a maioría dos representantes dos 18 establecementos que participan no 1º concurso PATAPAS de Xinzo.

DSC6508



Os presentes mostraron algunha das súas elaboracións, que polo menos de vista, todas estaban moi ben, e pola opinión dos que as probaron o sabor ía directamente proporcional a presentación.

Recordar que o próximo xoves volverán a preparar os pinchos para todos os que queiran descubrir e probar todo o que se pode facer ca pataca da Limia, ademais da tortilla.