Fin de semana marcado no A.B. Xinzo polo 25N
Descansaron os sénior, por comezo da segunda volta, así como os infantís 2010 e o feminino 2011.
As sénior femininas gañaron o seu partido contra o Mariano de Vigo, aínda que nas competicións galegas está costando bastante por ser o primeiro anóeste equipo será a longo percorrido.
As júnior feminino perderon no Barco e o único que se espera e o comezo da segunda volta para loitar polo título, pero non polo ascenso.
O cadete masculino púxollo moi difícil aos de Allariz que
non se deron ido no marcador ata avanzado o último cuarto, no que o equipo local,
mais veterano, foise no marcador. O partido estivo moi igualado durante tres
cuartos e moi animado de ver.
As infantil 2010 seguen a contar os partidos por vitorias e xa practicamente clasificadas pola loita polo ascenso a liga galega.
No derbi ourensán contra o Bosco dos preinfantil masculino decantouse do lado dos limiás con moita solvencia
O mini feminino 2012 perdeu en Ourense contra o BBAL, mentres que as do 2013 gañaron con moita claridade ante o Depordima en Ourense.
O mini masculino 2012 tamén gañou o seu partido contra o BBAL cun resultado moi avultado, así como o masculino 2013 ante o Barbadas. Por outra banda o feminino 2013 conseguiu gañar o seu primeiro partido na visita a Maside. Para finalizar o premini 2015 gañou en Allariz, conservando a invatibilidade.