O Antela FC e a Asociación LIMISI uniron forzas
Sacarán conxuntamente o calendario Solidario 2024
Xogadores de diferentes equipos do Antela FC figuran nas fotografías do Calendario Solidario 2024 xunto con usuarios e usuarias do Centro Ocupacional LIMISI.
Neste proxecto conxunto entre o Antela e LIMISI queremos poñer en valor o traballo en equipo e cooperativo. O calendario abre co lema “Este partido xogámolo en Equipo” e que mellor forma de loitar contra as desigualdades e a marxinación que en equipo? Xuntas, todas as persoas dunha comunidade cun obxectivo común. Este calendario con fotografía de Pablo Araujo, deseño de Planb Estudio e impresos en Imprenta Blanca representa situación cotiás nos partidos de fútbol, e xunto con frases motivadores e unha estética coidada pretende sensibilizar sobre a diversidade funcional. Hai dous modelos de calendario, un de pequeno de mesa a 3€ e un grande de colgar en parede que custa 6€ a unidade e 10€ o par.