14 toneladas de granito da Limia para a primeira médica de Galicia (da Limia)
Xosé Lois Carrera está a piques de rematar a obra dedicada a Olimpia Valencia
De todos é sabido que unha das facetas que máis define ao
escultor limiá Xosé Lois, son as obras en granito de grandes dimensións, e esta
non podía ser menos. Neste caso as grandes dimensións veñen dadas poloas 15
toneladas que pesa e os case tres metros de alta, pero tamén poloa dimensión
humana da persoa a que representa, Olimpia Valencia.
Primira muller galega licenciada en Mediciña
En 1925, a ourensá Olimpia Valencia converteuse na primeira muller galega en obter a licenciatura de edicina. Aínda que ela preferise especializarse en pneumoloxía, decidiuse finalmente pola xinecoloxía, sendo tamén a primeira muller en exercer esta especialidade. Por ser muller e polas súas ideas políticas non o tivo nada fácil. Pero grazas á súa gran profesionalidade gañouse o respecto dos seus pacientes e colegas de profesión. (Mujeres con ciencia).
Tres consellerías implicadas.
Xosé Lois recibe o encargo da Xunta, na que se implican as
consellerías de Sanidade, Igualdade e Cultura, despois de que el presentara
unha idea-proxecto que foi pronto aceptado polos membros do CEGAC .
O proxecto vai dentro da idea particular de Xosé Lois de “album de mulleres” e de recuperación de historias femininas. Confesa que despois da finalización da obra da Dama da Lagoa instalada a entrada de Xinzo decidiu que todas as súas obras de agora en adiante, represente o que representen serán de mulleres.
O seu selo de identidade como escultor é o granito de Baltar
Xosé Lois dende sempre traballou o granito de Baltar, que segundo confesa é un pouco máis dificil de traballar pola sua dureza, pero ao final as obras quedan cunha suabidade e plasticidade diferente, un color canela moi bonito e sobre todo cando recibe directamente a luz do sol.
Tres X dous X un cincuenta
A escultura final ten unhas medidas aproximadas de 3x2x1,5, en postura sedente en homenaxe as esculturas sedentes castrexas que apareceron no barrio de abaixo de Xinzo. O peso final da obra será de aproximadamente 14 toneladas.
Instalarase, creo, nun parque arredor dun centro de saúde en Vigo e estará rematada a finais de ano.