Xinzo e Lobios foron os concellos da Limia

A Deputación cooperou en diversas obras en concellos

A Deputación cooperou en diversas obras en concellos


A institución provincial pon a disposición dos concellos persoal e maquinaria, mentres que os consistorios asumen o custe dos materiais necesarios para as obras, que supuxeron un orzamento de preto de 40.000 euros

A Deputación de Ourense continúa a intensificar a súa cooperación cos municipios da provincia a través de diversas obras rematadas recientemente para o arranxo de estradas municipais, nas que a institución provincial aportou o traballo de persoal e maquinaria, mentres que os consistorios asumen o custe dos materiais necesarios para as obras.

En Xinzo da Limia tamén se realizaron traballos de bacheos e arranxo das vías públicas en Cima de Ribeira, Ganade, San Vitorio, Casas da Veiga, Gudes, Lamas, Moreiras, Soutelo de Ribeira, Mosteiro de Ribeira, Guntimil, San Pedro e Xinzo. O orzamento provincial é de 14.328,08 euros

No municipio de Lobios, a Deputación tamén cooperou nos traballos de reparación dun muro en Cimadevila e do pavimento en Rial, todo elo cun orzamento de 12.001,19 euros 4.328,08 euros.