Concurso de deseño de pegatinas nos CEIP de Xinzo

Foto arquivo
Concurso de deseño de pegatinas nos CEIP de Xinzo


As pegatinas dos paquetes das tendas de Xinzo para o Nadal serán deseñadas polo alumnado dos CEIP de Xinzo



O alumnado de todos os niveis dos centros Carlos Casares e Rosalía de Castro, participarán nun concurso de deseño de pegatinas. As pegatinas gañadoras nos niveis de infantil e primaria serán as que adornen os paquetes de toda a campaña de Nadal dos comercios adheridos a campaña de ProLimia.

Todos os nenos e nenas que participen recibirán cada un pegadiñas agasallo de ProLimia.  

Cada local que participe na campaña recibirá as pegatinas que porá como felicitación nos paquetes.

SORTEO FIN DE CAMPAÑA

Como en cada campaña de Nadal ProLimia, como fin de campaña realizará un sorteo, que este ano consistirá nunha bicicleta. Cada establecemento terá rifas para agasallar aos seus clientes  durante toda a campaña, sen ter un mínimo de gasto no establecemento, tendo que poñer os datos na papeleta para aviso o día do sorteo.