Celanova finalista do concurso de Ferrero Rocher

Celanova finalista do concurso de Ferrero Rocher

Celanova terá un Nadal con sabor a bombón.

O concurso que deu inicio o 2 de novembro,despois de pasar dúas fases, xa se atopa na recta final. 

Tras competir contra 5 pobos máis , Benasque (Huesca), El Burgo de Osma (Soria), Iznájar (Córdoba), La Alberca (Salamanca) e Ribadesella (Asturias). Agora os nosos veciños celanoveses atopanse nun man a man contra La Alberca (Salamanca).

Toda a provincia esta volcada con Celanova, dandolle os seus votos. Podes votar premendo no seguinte enlace Vota por Celanova. As votacións están abertas ata o día 10 de decembro. O 11 darase a coñecer o gañador. 

O premio consiste no nomeamento do pobo que mais brila e o alumeado das súas rúas a cargo de Ferrero Rocher. A cerimonia de acendido do lumeado levarase a cabo xunto co presentador ferrolano Jesús Vázquez