Últimos 4 días de degustación das PATAPAS

Últimos 4 días de degustación das PATAPAS


O éxito da primeira semana superou con creces as expectativas máis positivas


Sorprendeu a todos, os hostaleiros e ao público o éxito do primeiro concurso “Patapas” de Xinzo.

Aos primeiros pola gran cantidade de público que dende o primeiro día se achegou aos establecementos participantes, 18, para degustar as composicións gastronómicas coa pataca como ingrediente principal.

A os segundos, o público, porque tamén se sorprendeu da calidade das tapas que estaban a presentar para a degustación.

Hoxe comeza o último fin de semana (longo) para poder degustar todas as tapas e participar nos sorteos que leva consigo  a participación na campaña.