O CEIP de Sarreaus conta cun servicio de madrugadores

O CEIP de Sarreaus conta cun servicio de madrugadores

Púxose en marcha este ano xestionado polo CDR O Viso


Este servizo púxose en marcha en Setembro, co comezo do curso 2023-2024, e ten como obxectivo ofertar conciliación a aquelas familias que teñan que entrar a traballar antes do horario escolar.

Foi na tempada de facer as matrículas cando algunha familia nos manifestara a incompatibilidade de horarios (Centro educativo e traballo fóra da casa) e barallaba a posibilidade de matricular noutro Ceip da comarca a súa crianza se non contaba con algún servizo que lle posibilitara esa atención durante un tempo. Foi así como en contacto co Concello de Sarreaus e a Asociación de Nais e Pais se posibilitou a aula de madrugadores. Espazo educativo do que nos responsabilizamos o CDR O Viso.

Na actualidade son catro as familias que están empregando deste servizo. O cal, ademais de conciliar, promove que as cativas e os cativos comecen a súa xornada dun xeito diferente, desfrutando da natureza, o deporte e o lecer, entre outras actividades.