Acto de restauración da memoria lingüistica
16:05 30/11/23
16:05 30/11/23
Este sábado no cemiterio de Morgade
EN GALEGO, AGORA E SEMPRE
Dentro da campaña que se está a levar sobre a Restauración da Memoria Lingüistica nos cemiterios, este sábado a partir das 12:00 cambiarase a placa sita na tumba de Teresa Rodríguez Blanco (a tía Teresa de Morgade) por unha en galego.
Así mesmo instalarase unha nova a entrada do cemiterio, tamén en galego.
Este acto quere servir de homenaxe as partureiras da Limia. Rematado o mesmo os presentes poderán asinar unha acta de últimas vontades, priorizando a escrita na Lingua Galega.