Nace "PARRULOS", para os recen nacidos “especiais", ou sexa, todos
Sempre lle gustou o mundo dos nenos e a personalización dos agasallos.
Erika Pazos ten 29
anos de Piñeira Seca, deixou a súa profesión de administrativa nunha empresa e decidiuse a montar esta tenda de agasallos,
para os máis cativos, sobre todo recen nacidos. Segundo conta, sempre foi
moi detallista, e cando tiña que lle facer un agasallo a algunha das amigas
polo nacemento ou ben cumpleanos nunca encontraba nada que puidera ser
personalizado, a non ser en internet e entón púñase ela a facelo.
Froito desa eiva no comercio local, das súas habilidades e porque non dicilo do bo gusto, decidiuse a dar o paso de montar en Xinzo unha tenda.
PARRULOS
Axudada e apoiada moralmente polo seu marido, carniceiro e entroideiro, xurde na rúa S. Roque de Xinzo PARRULOS.
Parrulos, pretende ser esa tenda onde calquera que necesite facer un agasallo a un neno ou nena dende os 0 anos ata mais menos os 7 seguro que encontra, e si non o encontra xunto con Erika, que teña por certo que entre as dúas atopan esa idea a que ela(Erika) lle dará forma escollerá o material e daralle o colorido.
Roupa personalizada
Unha das cousas que se poden atopar en PARRULOS é a roupa propia coa que se agasallan aos recen nacidos, pero que ademais de ser cousas case exclusivas, a exclusividade total collerá cando Érika lla personalice co nome da criatura ou con calquera outra cousa significativa para quen lle vai facer o agasallo.
CASIÑA DO RATÓN “PEREZ”
Outra das cousas que forman xa parte da identidade de PARRULOS
son unhas pequenas casiñas do rato “perez” coa súa ventá e coa súa bolsa para
recoller o que todos sabemos que despois levará o animal deixando por suposto
na casiña o agasallo para o neno ou nena.
E así infinidade de cousas, como sempre repite Érika, que lle poida facer falla a alguén durante as idades que ela recolle no seu establecemento.
Felicitar a Érika, porque nestes tempos en que a noticia sempre é a contraia, que tal establecemento pecha, neste momento temos que dar a benvida a PARRULOS, unha nova tenda en Xinzo.