Tensión entre o BNG e o grupo do goberno sobre a atención pediátrica do PAC de Xinzo

Tensión entre o BNG e o grupo do goberno sobre a atención pediátrica do PAC de Xinzo

Último escoio aprobado para que o ministerio realice o proxecto da Travesia de Xinzo, dende a saida da autovia ata a avenida de Madrid.

O pleno desta maña transcurriu con normalidade durante os 4 primeiros puntos a tratar. 

Salientando o punto 4 deste pleno onde se trataba a Cesión do tramo da N-525 para o "Proxecto de Humanización da Travesía de Xinzo de Limia". Proxecto no que o concello conta co apoio e colaboración do PSdG, e onde o BNG pide unhas canalizacións adicionais, que corresponde a empresas privadas, para evitar obras a posteriori con visión de futuro. 

O proxecto, iniciado durante o mandato de Elvira Lama, terá un tempo de execución de ano e medio, no que levaranse a cabo, dende o concello, medidas para evitar os posibles atrancos. O alcalde resalta que é "unha obra de gran enxundia para Xinzo e que é importante cumprir os prazos para que a adxudicación sexa o antes posible e se siga traballando para que este proxecto sexa unha realidade".

 DSC6719

Posteriormente o ambiente comezou a tensarse cando o BNG fixo unha moción de urxencia sobre a Sanidade e Urxencias de Xinzo de Limia, onde o portavoz Camilo Vila, destacou que hai perosas que non son dignamente atendidas e os problemas existentes coa saturación da pediatra.Pedindo o apoio a plataforma Loita Pediatría Xinzo. Dende o PSdG propuxeron que se lle demande o conselleiro Julio Comesaña as necesidades do Centro de Saude.

De forma unanime aprobouse unha reunión, a semana que ven, de todolos portavoces e a plataforma para crear un plan de traballo para exisir públicamente a xerencia do SERGAS a dotación da figura dunha médica pediatra de maneira urxente no momento en que se produzca a vacante, co fin de que o servizo non quede desatendido.

Xa na última parte deste pleno, aprobouse unha homenaxe a Alfonso, o encargado da Casa da Cutura que se xubila este ano.