O Antela B, dálle a volta ao partido ante o Pabellón
De ir perdendo 0-2 a gañar 4-3
O filial do Antela, viña de perder a semana pasada contra os de Allariz e necesitaba darse unha alegría a si mesmo e os afeccionados. Nesta tarde fría, o partido púxose moito mais frío posto que no minuto 30 o equipo local ía perdendo 0-2.
Xa na segunda parte os anteláns achegáronse aos visitantes 1-2, pero pouco durou a alegría porque no minuto seguinte os do Pabellón marcan outro gol para colocarse 1-3.
Foi no minuto 66 cando Antón Rodríguez, achega un pouco o resultado no marcador con un gol e no minuto 70 David Lamas, consigue empatar o partido.
A continuación veu a expulsión de Angel Prol e dúas tarxetas amarelas a Borja e Xurxo e no minuto 90 Edgar Pérez consegue o gol da vitoria para o equipo da Limia.
Esta foi a terceira vitoria do equipo local que o deixa con 16 puntos na clasificación xeral.