Xinzo tamén fixo o seu acto de restauración da Memoria Lingüística

Xinzo tamén fixo o seu acto de restauración da Memoria Lingüística


Esta mañá no cemiterio de Morgade con homenaxe incluído as parteiras do municipio.




Nun acto sinxelo pero emotivo os representantes dos catro grupos políticos que conforman a corporación municipal, como xa se ven facendo en distintos concellos de Galicia, puxo unha placa en galego Na memoria das persoas que naceron e viviron en galego para que a nosa lingua sexa eterna.


No acto interviron os tres portavoces ante un nutrido número de veciños que non quixeron perder a oportunidade para estar presentes e tamén algúns deles ao fin do mesmo asinaron a súa intención de que cando chegue o momento a súa identificación no cemiterio sexa en galego.


Nesta primeira ocasión o acto fíxose no nome de Teresa Rodríguez Blanco, parteira de Xinzo, facéndoo extensivo a todas as parteiras que tivo o concello, que serán tamén homenaxeadas nun futuro próximo.