Vitoria sen discusión do Antela ante o Allariz

Antela-Allariz
Vitoria sen discusión do Antela ante o Allariz

Antela 4- Allariz 2


Dende o primeiro minuto do partido os xogadores locais saíron totalmente concentrados e centrados en por terra por medio canto antes contra o Allariz. E así foi no minuto 10 Teixeira marcou para os locais.





Os de Allariz, non se deixaron amedrentar e 10 minutos despois empataron o partido por mediación de Javier Pérez. Faltando un minuto para o descanso o Antela volveuse adiantar no marcador marchando aos vestiarios con vantaxe de 2-1.


A poucos minutos do comezo da segunda parte o Antela fixo un penalti  que transformou Victor, para empatar o partido.

O Antela volveu a coller folgos e nos minutos 87 e 89 chegou a portaría do Allariz con éxito deixando o marcador final nun 4-2 para os locais.

13 PUNTOS PARA O ANTELA

Co partido de hoxe o Antela logra a súa terceira vitoria deste ano, colocándose con 13 puntos a tan solo un posto dos tres de descenso, manténdose na zona perigosa da clasificación.