Pouco máis de 24 horas para o aceso das luces de Nadal
Mañá a noite dará comezo o “Nadal” en Xinzo
Pouco a pouco a nosa vila vai collendo as cores e as luces de Nadal. Esta mañá a empresa encargada este ano da decoración instalou a árbore da praza, que a esta hora está pendente de luces, decoración e a estrela. Tamén os membros da brigada do concello e persoal do obradoiro están repartindo todos os adornos de nadal de anos anteriores.
A árbore do concello a entrada de Xinzo
Esta mañá o concelleiro responsable Ricardo Sieiro comunicou que a árbore do concello que nos últimos anos se poñía na praza Maior instalarase na rotonda da estrada de Celanova, a entrada de Xinzo.
VENDA DAS TARXETAS DO COMERCIO
Este xoves 7 ProLimia porá á venda as tarxetas do comercio para este Nadal na caseta de “Papa Noel” que xa está instalada na praza Maior.
Recorden que as tarxetas terán un valor de compra de 50 €, polas que temos que abonar a cantidade de 35.