Dúas xubilacións por unha

Dúas xubilacións por unha


Chemari e Acacio recibiron o agasallo dos seus compañeiros


O xoves último foi o día escollido polo persoal de enfermería e medicina do centro de saúde de Xinzo para festexar nun afamado restaurante da Limia para agasallar a un enfermeiro (Chemari) e a un inspector de sanidade (Acacio).

Dúas persoas moi coñecidas e recoñecidas na Limia a cuxa comida de homenaxe asistiron moitos compañeiros de traballo que xa levaban anos exercendo fora de Xinzo, aproveitando desta maneira para recordar vellos tempos.