Repsol (bombonas) incumpre os contratos firmados cos seus clientes
Un mes esperando a que veña o do butano
Pobos de Xinzo levan un mes esperando a que lles chegue o reparto.
Gudín, Novas, Mosteiro... e así toda a Limia, poden estar semanas sen recibir o subministro a domicilio de bombonas de butano.
Varias son as denuncias de veciños dos pobos da Xinzo, e mesmo na capitalidade, que teñen que esperar semanas sen que o repartidor de butano pase polos seus domicilios.
TODO UN POBO COAS BOMBONAS NAS RÚAS
A semana pasada no pobo de Gudín un dos veciños chamou a distribuidora de Ourense e contestáronlle que o venres que irían a repartir. Este veciño avisou aos outros e os que o necesitaban sacaron as súas bombonas as rúas, onde pasaron todo o fin de semana, porque non solo non viñeron se non que non tiveron a “delicadeza” de avisalos.
Este veciño que chamou ao noso xornal di que xa é hora de pedir reclamacións e indemnizacións, porque no seu contrato pon “reparto a domicilio”.
IR A BUSCAR AS BOMBONAS ÁS GASOLINERAS
A solución que lles da a empresa, cando non lles minte, co día que vai a pasar o camión do reparto, é de que vaian a buscalas ás gasolineiras, ben de Xinzo, Cualedro, ou a Baltar. Pero resulta, que ademais de un risco grave, pasan dúas cuestións. Hai persoas maiores nos pobos que non teñen medio de transporte, tendo que pedirllo a un veciño, e a segunda máis grave é que si os detén a Garda Civil vailles poñer unha multa.