Veciño de Xinzo de 21 anos, detido na operación FILIUM OU

Veciño de Xinzo de 21 anos, detido na operación FILIUM OU

Era membro dunha banda criminal dedicada a furtos de cable de cobre, trafico de drogas e tenencia ilícita de armas.


A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación FILIUM OU, detivo a sete persoas, catro de nacionalidade española e tres de nacionalidade portuguesa, como presuntos autores de: pertenza a grupo criminal, 57 delitos agravados de furto de cable de cobre, 1 delito de roubo con forza nas cousas, 1 delito contra a saúde pública (tráfico de drogas) e 1 delito de tenencia lícita de armas e depósito de municións, ocorridos entre os meses de novembro de 2022 e novembro de 2023, na provincia de Ourense e Portugal.

Durante a explotación da Operación, a Garda Civil realizou cinco entradas rexistros en domicilios dos detidos sitos en Xinzo de Limia (Ourense) e Verín (Ourense), onde se interviñeron 0,5 toneladas de cobre de tendido eléctrico, ferramentas utilizadas para a comisión dos roubos (serras, amoladoras, cizallas…), 22.500 euros en efectivo, unha báscula de pesada, 270 gramos de marihuna, 67 gramos de haxix, unha báscula de precisión, útiles para a distribución polo miúdo de substancias estupefacientes, unha arma prohibida (bolígrafo pistola calibre 22), cartuchos calibre 22 e diversa documentación e vestimenta relacionada cos ilícitos penais investigados.