A empresa suministradora do butano,dí que non fai ningunha aclaración a denuncia dos veciños
O responsable de prensa de Butano en Madrid, despois de falar coa empresa, di que eles teñen outra versión.
A empresa responsable da distribución do butano a domicilio pola Limia, non quere facer declaracións e o único que nos di e que para calquera aclaración temos que falar co responsable da empresa en Madrid.
Postos en contacto dende o noso xornal co responsable de comunicación da empresa en Madrid, esta mañá pediunos que esperáramos para que a el lle dera tempo para saber o que di a empresa.
Esta tarde o responsable púxose en contacto con nos para comentar varias cousas:
Primeiro di que a versión que lle da a empresa, non coincide co que os veciños din e nos publicamos, que precisamente por eses pobos que nos dicimos pasaron o día 1 de decembro.
En segundo lugar recoñecen que teñen dúas baixas nos traballadores nestes últimos días, e nos averigüamos que xa non é de estas semanas. Loxicamente se teñen dous traballadores de baixa, o problema é da empresa suministradora, se non cumpren o problema estanllo traspasando aos veciños, como así ocorre.
En terceiro lugar anuncian que de seguir así a situación de baixa, trataran de comezar o reparto dende Verín.
Estas dúas explicacións, non coinciden para nada co de que non hai problemas.