ProLimia, xa ten preparado o Nadal 2023

ProLimia, xa ten preparado o Nadal 2023


Cine, Agasallos, sorteos, tarxetas comercio, concurso escaparates e moitas gañas


Máis de medio cento de establecementos de todos os sectores participan nesta edición do 23 do comercio de ProLimia, xunto co Concello de Xinzo.

ETIQUETAS PARA OS PAQUETES



Mostra de algunha das pegatinas deseñadas polos nenos e nenas de infantil e primaria de Xinzo

Unha das novidades deste ano vai a ser a das etiquetas que as tendas porán nos paquetes, sobre todo de agasallos. Estas etiquetas foron deseñadas polo alumnado dos CEIP de Xinzo. Participaron todo o alumnado dos diferentes cursos e escolléronse os que podedes ver a continuación, dende infantil ata sexto de primaria.

AS TARXETAS DESCONTO O DÍA 7

Este xoves 7, na caseta de “Papa Noel”, na praza maior poderanse mercar as tarxetas desconto polas que por un valor nominal de 50 €, solo temos que pagar 35. A diferencia é a aportación que fai o Concello e ProLimia para esta campaña. Poranse a venda 700 tarxetas de 50 € nominais. Cada nº de DNI solo poderá comprar por importe de 100 € nominais.