Reforma de vestiarios e lavado de cara, “primeira de outras que irán vindo” (Amador Díaz)
O pavillón de Xinzo está de pequenas obras por valor de máis de 48.000 €
Esta mañá a concelleira de deportas Cristina Campero acompañada de Amador Díaz fixeron unha visita polas instalacións nas que se están a investir pouco mais de 48.000 € aportados pola Xunta e o propio concello na proporción de 70-30.
As obras máis importantes estanse a levar nos dous vestiarios, nos que a reforma é completa. Cos cartos que sobran estáselle a dar un “lavado de cara” aos laterais baixos da pista central e pequenos detalles.
SUBVENCIÓN PARA EQUIPAMENTOS INVENTARIABLES
Tamén con outra pequena axuda compráronse vallas e conos, para competicións externas e un equipo de música para o propio pavillón. Recordar que anteriormente se cambiou todo o alumeado, cambiando a láparas led.
O pavillón estivo dende o primeiro minuto en primeiro lugar no pacto de gobernabilidade, apunta Amador Díaz o cal xunto con Cristina esperan que en sucesivas partidas presupostarías se remate co adecentamento integro da instalación, así como coa construción do anhelado anexo.
As cifras dadas por Cristina son contundentes, preto de 200 rapaces e rapazas usan o pavillón co baloncesto, ademais de 50 na ximnasia e outro medio cento nos outros deportes que se practican na pista como fútbol sala sénior masculino e feminino. Recorda Cristina que no pavillón non se fixo ningunha intervención dende o ano da súa construción no 1987.