A compra de tarxetas "desconto" do comercio de ProLimia, ten que ser presencial e co DNI
14:36 07/12/23
14:36 07/12/23
Solo se poderán recoller dous bonos de 50 € cada persoa
Esta mañá xa había colas na caseta de Papa Noel na praza para compra de tarxetas desconto para a campaña do comercio de ProLimia 2023.
Dende a asociación recalcan que solo se poden comprar as tarxetas persoalmente e coa presentación do DNI, cun máximo de compra de 100 €. Non vale levar o carnet de identidade de outra persoa para facer máis compra.