Bar 20/21 pincho mellor valorado polo público

Gañadores do 1º concurso PATAPAS por votación popular
Bar 20/21 pincho mellor valorado polo público

O segundo premio foi para o de LCH-Xinzo e o terceiro para Bar Novo de Lamas

Esta tarde celebrouse o sorteo dos premios en metálico e da cesta para os participantes no 1º concurso de PATAPAS 2023 en presenza de moitos dos hostaleiros que esperaban impacientes, sobre todo, o resultado da votación popular.

O alcalde agradeceu a participación de todos e sobre todo felicitounos pola súa colaboración froito da que o concurso fixo que as rúas de Xinzo estiveran outra vez cheas de veciños e veciñas para degustar os pinchos ofrecidos por eles.

Despois do sorteo de todos os premios con vales de 250 e 100 euros, así como da cesta deuse comunicado das votacións do público que acudiu aos locais a degustación.