Accidente mortal na estrada de Xinzo a Vilar de Barrio

Accidente mortal na estrada de Xinzo a Vilar de Barrio


Un accidente insólito e case inexplicable



O móbil, unha vez, provoca un accidente con consecuencias mortais.

2



A vítima dirixíase a Vilar de Barrio na furgoneta e, segundo comentan familiares achegados, caeulle o móbil dentro da furgoneta e ao querer recollelo, non se explican, abriuse a porta da furgoneta e caeu a estrada. Aínda que a velocidade era moi pequena o mal golpe fortuíto non permitiu sequera que o persoal médico do helicóptero puidera facer nada pola súa vida.

A vítima é a muller dun coñecido construtor da vila.

Ao lugar do sinistro que ocorreu sobre as nove da mañá acudiron os servicios médicos de H4 do 061, Protección e Policía Local de Xinzo así como dúas patrullas de Tráfico de Verín.  Nos momentos de redactar esta lutuosa noticia acudían ao lugar os servicios forenses.