8.000 tapas, 1000 tarxetas e 350 participantes
18:14 11/12/23
18:14 11/12/23
Ademais repartíronse 2.000 € en vales de compra no comercio local
Estra tarde repartíronse os premios do 1º concurso PATAPAS 2023 e o alcalde deu por convocada a segunda edición do mesmo tralo éxito acadado con máis de 200.000 impactos nas redes sociais e con 150 persoas que participaron nos sorteos finais, ben con 10 tapas probadas ou coa totalidade.
A maioría foron recollendo os cheques que poden consumir na hostalaría ou comercio de Xinzo.
Todos os bares que participaron recibiron unha peza conmemorativa da participación e os tres mellores pinchos, segundo a opinión do xurado popular recibiron o diploma que os acredita como os gañadores do 1º concurso PATAPAS 2023.