Campanadas de fin de ano ás 12 do mediodía
Dende o 16 ata o 6 ningún día sen actos no Nadal 23 en Xinzo
Espectáculos, Deportes, Divertimentos e moita moita música e baile, e non solo para os máis cativos da casa.
Esta mañá os responsables das concellerías de Cultura, Carlos Gómez, a de Festexos, Ricardo Sieiro e en representación da de deportes o técnico David Carnero, acompañados do alcalde Amador Díaz, foron presentando toda a programación deste Nadal 2023 que comeza o 16 e rematará o 6 de xaneiro.
Nela haberá deportes, música, festivais, concertos, espectáculos así como a xa tradicional AGROCABALGATA de tractores engalanados e a chegada dos reis de Oriente nunha cabalgata o día 5.
O alcalde na súa intervención quixo destacar a colaboración das distintas entidades culturais e deportivas que gracias a elas se enche un amplo calendario de actuacións, e tamén o seu empeño persoal en que todos os concertos e espectáculos sexan totalmente de balde.
TRIBUTO AO MUSICAL “O REI LEÓN” E SABINA
Unha das novidades deste ano serán dous espectáculos a celebrar no salón da Casa da Cultura que serán dous tributos ao musical REI LEÓN e SABINA. Para o primeiro deles cóntase coa colaboración da asociación Pro Animales Xinzo, que serán os que repartan as invitacións a cambio dunha colaboración coa asociación, doazón de calquera , a entrada NON ten custe ningún, simplemente por mor do aforo da sala. En canto se dean todas as invitacións, non se deixará entrar a ninguén.
En canto ao tributo a SABINA celebrarase o día 30 de decembro ás 20:30, e a entrada será libre ata encher o aforo da sala.
DÚAS GALAS, DO DEPORTE E DE CULTURA
Ademais da xa tradicional Gala do Deporte que xa se ven celebrando fai anos en Xinzo este ano farase tamén como novidade, esperando que teña o mesmo éxito a gala de Cultura. Nela, como na de deporte farase entrega de distincións a persoas e entidades relacionadas coa cultura durante o último ano. A Gala da Cultura celebrarase na praza Maior o día 29 ás 19:00.
CAMPANADAS O 31 ÁS 12:00 DO MEDIODÍA
Outra das novidades, e como experimento, levarase a cabo a celebración das campanadas dende o Atrio da igrexa vella.
Para consultar o programa completo do NADAL 2023 prema aquí.