Os veciños de Gudín iniciaron a revolta
A Limia enteira sufre o problema de desabastecemento de gas, segundo comprobamos nas redes.
A falta de suministro de bombonas nos pobos da Limia, esta ocasionando unha revolta popular.
En Dendealimia.com demoslle voz os veciños/as de Gudín, para que puxeran de manifesto o problema que levan acarreando dende fai meses co reparto de bombonas por parte dunha compañía de gas.
A raíz do artigo, nas nosas redes sociais, foron moitos os que se uniron a protesta, pondo de manifesto que en outros pobos e concellos como: Baltar, Trasmiras, Sarreaus, Seoane e Parada de Ribeira entre outros moitos, levan maís de 2 meses con este problema.
Según pon de manifesto o usuario Piña Dospuntocero, en Parada de Ribeira veñen tendo problemas dende o verán, incluso chegaron a falar co repartidor para que lles dera unha explicación. Explicación que ainda xerou maior controversia entre os veciños, xa que a xustificación do problema consistia en botar a culpa a outros.
Pero este problema non so afecta os veciños dos pobos da contorna, senon no mesmo Xinzo teñen problemas, como nos conta Aurora Bello Jardón que tardaron ata 3 semanas en repartir, pola contra Carlos Rúa manifesta que para que lle repartan 1 vez a semana ten que chamar dúas veces.
Sin embargo a compañia rival fai o reparto con total normalidade, moitos dos veciños estanse cambiando de compañia, xa que dito servicio leva un cobro adicional e non están dispostos a perder cartos por problemas alleos a eles.
O enfado é xeneralizado, porque ninguén lles ofrece unha solución, e recordemos que a poboación esta envellecida, polo que non todos teñen a posibilidade de ir a gasolinera mais cercana cando necesiten quentarse. Moitos foron os que chamaron a propia compañia e a resposta non chega, incluso acusan os veciños de mentir, polo que o descontento vai en aumento. Veremos que acontece.