Pro Animales Xinzo, colaborará co musical “Rei león”
Elas serán as responsables da entrega dos tíckets a cambio dunha colaboración para que poidan seguir adiante coa súa labor.
Pro Animales Xinzo, non é unha asociación, nos comentan. Son un grupo pequeno de mulleres amantes dos animais, sobre todo dos gatos, que cos seus propios recursos e cos das persoas que xa os axudan, loitan polos gatos que están abandonados.
Aínda que elas son poucas, esperan que con esta acción que se vai a levar a cabo co espectáculo sobre o Rei león, esperan recadar algúns fondos, aínda que a xente pode traer, pensos, pipetas etc.
Nos cando vemos un gato abandonado “callejero” recollémolo, levámolo para as nosas casas, desparasitámolo, esterilizámolo e intentamos buscar un fogar adaptado para el. E todo isto cos nosos medios económicos.
NEGOCIACIÓNS CO CONCELLO DE XINZO
Xa levamos un par de reunións co concello, que de momento van por bo camiño para implementar no noso concello o programa C.E.R consistente na captura, esterilización e retorno. Os concellos pola nova lei de protección animal están obrigados a elo e nos esperamos que na seguinte reunión o noso concello entre de cheo no programa.