O concello de Baltar entrará no problema do butano a domicilio
Jose A. Feijóo (Alcalde) levará a xunta de goberno do xoves esta cuestión.
O dendealimia púxose en contacto co alcalde Jose A. Feijóo para facerlle chegar as chamadas recibidas no xornal, así como os comentarios nas redes sociais, contestando que ía facer unhas chamadas a certos veciños de varios pobos confirmando horas mais tarde que efectivamente os veciños lle comentaron que o problema do subministro de gas butano a domicilio tamén existía no seu concello.
Ante esta situación levará a xunta de goberno deste xoves a proposta de que o propio concello lle mande unha carta a dirección provincial de Butano para que resolva de inmediato esta cuestión, e si non terán que tomar outras medidas.
Os veciños non poden estar semanas esperando a que pase o camión repartidor, comentaba o propio alcalde. (Alcalde)