Montse Lama deixa de ser concelleira en Vilar de Barrio

Foto de arquivo de Montse Lama
Montse Lama deixa de ser concelleira en Vilar de Barrio

Solicitou a súa renuncia o 27 de outubro

Montse Lama ex concelleira de Xinzo agora tamén é ex concelleira de Vilar de Barrio dende o pasado 5 de decembro, que no pleno ordinario de decembro deuse conta a corporación do seu escrito de renuncia. 

Agora pasará a ser concelleiro o próximo da lista Evelio Alonso Trigo, que xa formou parte da anterior corporación.

O ALCALDE NON CONFIRMOU A SITUACIÓN

Postos en contacto dende o xornal no día de onte para confirmar o feito, dixo non saber nada do tema, mais inda comentou que ía chamar a Montse, para convocala para o pleno que pretende celebrar o día 21. Non entendemos cando a nosa pregunta de confirmación resposta que non sabe nada cando facía dous meses que ten a carta de renuncia e xa era efectiva dende o pleno do día 5, sendo onte 11 de decembro.