Curso de produtos ornitolóxicos en Sandiás

Curso de produtos ornitolóxicos en Sandiás


O GDR LIMIA-ARNOIA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CREACION DE PRODUTOS DE TURISMO ORNITOLÓXICO NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA DE ANTELA



Despois dunha sesión introductoria marco no Concello de Baltar o 20 de Novembro, o GDR Limia-Arnoia organizou un curso intensivo de dous días (11 e 12 de Decembro) da man do especialista Alfonso Polvorinos para crear produtos de Turismo Ornitolóxico no Centro de Interpretación de Antela (Sandiás) e cuxos destinatarios foron empresas de turismo de natureza, restaurantes, hoteles, personal técnico de turismo, centros de interpretación, etc) pertencentes ao Xeodestino A Limia (Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Trasmiras, Sandiás, Sarreaus, Xinzo de Limia, Os Blancos e Rairiz de Veiga).

Participaron particulares e instituicións como Cdr O Viso, Centro de Interpretación Lagoa de Antela, Xesta Brava S. Coop Galega, Xeitura, Complexo Turístico do Couto Mixo S.L., Lirios do Xurés, Viratempos, Aloxamento Rural, Aldea Rural Santo André, Verdant Experiences, Terras Alas de Trevinca, etc.

O GDR 10 Limia Arnoia traballa no desenvolvemento do ecoturismo e o turismo ornitolóxico no ámbito do Xeodestino A Limia. Este territorio conta con áreas de gran interese para a observación das aves, como é o caso das Areeiras de Sandiás, a Veiga de Ponte Liñares ou a Serra de Larouco, que teñen un amplo potencial para acoller iniciativas e experiencias turísticas de ecoturismo e, especialmente, de turismo ornitolóxico. Conscientes desta oportunidade, o GDR 10 Limia Arnoia, xestor do Xeodestino A Limia, traballa, apoiado pola Axencia Galega de Turismo de Galicia,  nun proxecto para impulsar este tipo de turismo e desenvolver diversas iniciativas. Polo tanto, estas iniciativas terán continuidade próximamente no marco dun Plan Estratéxico de creación de produtos de turismo ornitolóxico no Xeodestino da Limia.