Xinzo adiántase a todos os Entroidos na presentación do cartel 2024
O autor quixo destacar que: " Gustaríame que este cartel sexa de todos, que represente un pouco o tempo que nos tocou vivir, sen esquecer de onde vimos".
Esta maña foi a presentación do cartel do Entroido 2024, no Museo Galego do Entroido.
O concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro, xunto co vicepresidente da comisión do entroido, Borja Lorenzo, revelaron un dos secretos mais esperados deste próximo entroido, que xa está a volta da esquina.
O cartel, obra de Roberto Nogueiras, natural de Vilar de Santos e entroideiro dende cativo, amosanos a figura principal do entroido de Xinzo, a pantalla. Na súa obra, levabada a cabo con moito sentimento, recopilou a súa esencia, incluindo detalles coma o papel de periódico, os astros, o liño e as cintas. Un cartel que recorda os carteis de antes.
O autor quixo destacar que: " Gustaríame que este cartel sexa de todos, que represente un pouco o tempo que nos tocou vivir, sen esquecer de onde vimos".
Ademais da presentación do cartel, tamén se avanzaron algún que outro detalle para este entroido 2024, como o sabado de piñata, o desfile que volve o martes a tarde e o retorno do entroido tradicional. Teremos que agardar ata xaneiro para coñecer o programa ao completo, ata o de entón xa podemos disfrutar do cartel nas rúas.