Un ano máis o Nadal chegou a Parada de Ribeira

Mulleres de Parada de Ribeira. (Xinzo)
Un ano máis o Nadal chegou a Parada de Ribeira

A asociación de Mulleres Rurais encargouse da decoración do pobo

Un ano máis as mulleres pertencentes a asociación de Mulleres Rurais de Parada de Ribeira foron as encargadas de darlle colorido as rúas e cruces do pobo con adornos que elas mesmas levan facendo dende finais de setembro.





O concello colaborou con elas subministrándolle algún material e a pintura. 

Cada ano vamos facendo máis, aínda que os cartos non dan para todo o que queremos, e tamén porque o noso pobo é moi grande.

Onte estaban facendo a presentación parte das mulleres da asociación, porque non todo o mundo pode vir pola semana, manifestaban as presentes.