Tensa calma na reunión da plataforma Pediátrica cos alcaldes, con acordo final
Os alcaldes do PP lograron parar temporalmente a celebración da manifestación prevista para a semana que ven a expensas dunha reunión co Conselleiro
Esta tarde a Plataforma Pro Pediatras da Limia convocou en Xinzo aos alcaldes da comarca. A sorpresa para algúns dos alcaldes foi que o único que pretendían as responsables da plataforma, que como primeira medida de forza quería celebrar unha manifestación a semana que ven, foi contestada polos alcaldes de Baltar (Jose A.-Feijóo) e a de Porqueira (Susana Vázquez) así como o de Blancos e Trasmiras de que eles viñan a escoitar primeiro e segundo a tratar de axudar a resolver o problema existente coa atención pediátrica en Xinzo.
Susana Vázquez puxo de manifesto na súa primeira intervención que había que explicar as cousas na situación en que están neste momento. Das conversas que ela ten mantido con membros da administración de Sanidade, en ningún momento se fala de amortización dunha praza de pediatría. O problema neste momento é que a titular está de baixa e polo tanto non se pode sacar a concurso, aínda que se saiba que xa pediu o traslado para Ourense. Esta mesma cuestión foi aclarada por Amador Díaz , alcalde de Xinzo, que manifestou que esta mesma semana había falado cos responsables do Sergas e en ningún momento se falou da amortización.
Jose A. Feijóo reafirmou as verbas de Susana manifestando ademais que el non entende que a maneira de resolver este problema, de momento puntual, sexa a manifestación.
PROPOSTA DE AMADOR
Nese momento Amador, propón que a semana que ven se lle pida unha reunión ao conselleiro con representantes da plataforma e dos alcaldes para saber de primeira man o que está acontecer e os pasos que vai a dar a Consellería.
Esta proposta foi aceptada por todos os presentes, quedando encargada de facer a xestión coa consellería a alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade, quen dixo que o martes falaría co conselleiro para manter esa reunión con el.
Todos os alcaldes e representantes dos outros concellos da Limia mostraron o seu apoio a proposta do alcalde de Xinzo aínda que algúns non ven que a reunión co conselleiro de os froitos que todos queremos para a comarca.
Todos asinaron o compromiso de apoio total a plataforma nas súas reivindicacións e de non ter unha resposta satisfactoria do conselleiro, apoiarían totalmente as accións que a plataforma leve a cabo.