Os veciños de S.Pedro de Laroá puxeron o listón moi alto
23:25 15/12/23
23:25 15/12/23
Levan todo un ano traballando nos elementos decorativos
Unha gran parte dos veciños de S.Pedro de Laroá levan traballando dende que acabaron as navidades do ano pasado na decoración para este Nadal 2023.
Máis de 20 elementos decorativos, todos eles en madeira, onde destacan a igrexa co seu campanario e un belén a pe da estrada.
Segundo nos comenta un dos veciños aproveitaban cada día de chuvia para facer os traballos. Está claro que nos últimos meses tiveron moito tempo.
Quérenlle agradecer a fábrica que lles regalou a madeira e xa están pensando en como superalo o ano que ven.
Está claro que este ano o pobo de S.Pedro de Laroá, puxo o listón moi alto en canto a decoración de pobos, con materiais autóctonos feitos a man.