Rubiás dos Mixtos en Calvos, tamén decora as súas rúas no Nadal

Rubiás dos Mixtos en Calvos, tamén decora as súas rúas no Nadal

Pero esta vez son menos de  media ducia de mozos e mozas, sen axuda ningunha do Concello



Xa levan tempo traballando a reo unha media ducia de mozos e mozas dun pequeno pobo do concello de Calvos de Randín. Estes mozos queren que o seu pobo tamén luza moito mais en Nadal e están levando a cabo unha decoración e iluminación do mesmo, pero queren , iso si, que se saiba que simplemente colaboran os veciños. O concello parece que non ten saldo para estas cousas.


Video enviado polos mozos decoradores

Envíannos unha fotos e uns vídeos cuxa realización está un pouco “empañada” pola névoa desa noite en Rubiás dos Mixtos.

Gemma, unha das tres persoas que o fan di que o único que queren é que a máxia e o Nadal chegue a Rubiás dos Mixtos.

Pero non queda solo nisto, este ano cada veciño de Rubiás, recibirá unha botelliña de licor de chocolate e unhas galletas.

Parabéns a Gemma, en nome de todos os que participan.