O Antela superou ao Velle en todo
Antela 4- Velle 0
Tarde de bo fútbol a que desfrutaron os seguidores do Antela que se achegaron en bo número para ver ó equipo ante un rival provincial o Velle ao que dende o primeiro minuto o equipo local non deixou pasar a primeira oportunidade seria nas botas de Alexandre que no minuto 36 inaugurou o marcador.
No minuto 65, despois dun cambio nos locais Ismael marcou o segundo gol da tarde, pero que non sería o último, este xa na segunda metade.
Poucos minutos despois chegou o terceiro do Antela, obra de Jose M. Júnior.
Xa nos últimos minutos do encontro, unha boa xogada do Antela finalizou cun remate a porta de Kevin, podo así o marcador final de 4-0 para equipo local.
Este resultado serviulle ao Antela para subir un par de postos na clasificación xeral e tomar un pouco de alento.