O alumnado do conservatorio enche de música esta semana de Nadal
3 concertos os días 19,20 e 21
O auditorio da Casa da Cultura será o escenario dos tres concertos que o alumnado dos diferentes grados e cursos ofrecerán durante as seguintes tardes de mártes, mércores e xoves.
O primeiro dos concertos correrá a cargo dos rapaces de Grao Elemental. Celebrarase o Martes 19 ás 20:00 h. Escoitaremos repertorio variado pero sobretodo panxoliñas para amenizar estas datas tan sinaladas.
O segundo dos concertos estará interpretado polo alumnado máis veteranos, os rapaces de
Grao Profesional. Ensembles, música de cámara e actuacións solistas, encherán de música o Auditorio o mércores 20 ás 20:00 h. Como remate desta gran festa musical, organizamos un concerto moi especial xa que nel participan todos os rapaces do centro, dende os máis cativos de Música e Movemento e Iniciación Musical, emsembles, o coro de grao profesional e a banda serán os encargados deste peche de concerto. Sen dúbida será un concerto inolvidable cheo de música de nadal, panxoliñas e bandas sonoras de películas navideñas. Este concerto será o xoves 21 a partir das 18:00.
Ó remate deste concerto, o alumnado voltará ó centro porque terán o concurso “PANXOLIÑADAS” onde todos os grupos dos diferentes cursos competirán cantando panxoliñas clásicas ou compostas por eles mesmos e algunha sorpresa moi doce.
Todos estes concertos estarán dirixidos por todo o profesorado do conservatorio.