Volve o coro Madrigalia a Sandiás

Volve o coro Madrigalia a Sandiás

O xoves 21 ás 19:00 a igrexa parroquial de S. Estevo

O Concello de Sandiás convida a todos os veciños e veciñas o xoves, 21 de Decembro ás 19.00 h con entrada libre a asistir á actuación do coro de cámara Madrigalia na Igrexa Parroquial de Santo Estevo abrindo os festexos do Nadal facendo comunidade veciñal e gozando dos beneficios físicos, culturais e humanos da música en directo. Música e cantos que enchen de emoción a alma e que constrúen un mundo mellor.

O coro de Cámara “Madrigalia” está formado por coralistas, algúns deles cantores profesionais que, baixo a dirección de profesores de alto nivel, buscan unha coidada interpretación das obras que programan. O programa do concerto está composto por 12 obras. Xunto cos coristas e cantores profesionais destaca a pianista Tatiana Prjevalskaya e a Directora e Soprano Solista, Clara Jelihovschi.

Madrigalia cantou nas salas e templos máis prestixiosos: Palacio da Ópera da Coruña, Teatro García Barbón de Vigo, Catedral de Santiago de Compostela, Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, tomando parte en múltiples ciclos de música e intervido en numerosos concertos organizados polo Concello e pola Deputación da Coruña