Os nenos e nenas de Sarreaus saen a cantar os reis

Foto arquivo colexio Sarreaus
Os nenos e nenas de Sarreaus saen a cantar os reis

Organizado un ano máis polo CDR O Viso e o centro escolar a partir das 10:30

Unha tradición habitual do Nadal limiao era ir cantar polas casas; grupos de mozas, mozos, nenas e nenos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas da literatura popular e transmitidas oralmente de xeración en xeración. A cambio do seu cantar solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo una festa ou foliada. NO CDR O VISO levamos anos recuperando esta fermosa costume comunitaria e fomentando a participación da infancia en dita tradición.

É imprescindible a implicación da comunidade, e mañá, en colaboración co CEIP SARREAUS sairemos cantar os reis e pedir o aguinaldo pola aldea de Sarreaus.