Presentación do Torneo Solidario 3x3
Esta maña no Pavillón de Deportes presentouse o torneo 3x3, coa presencia do presidente do AB.Xinzo, os concelleiros, os patrocinadores e a Cabra
Os dias 22 e 23 de decembro o pavillón de deportes de Xinzo acollera o torneo solidario 3x3.
Durante a presentación o presidente do AB Xinzo, Luis Miguel Gil, quixo agradecer a colaboración da Concelleria de Deportes, do Concello e sobretodo dos patrocinadores, Optica Pietro e Pretensados Irmáns Ferreiro.
Xa son 3 os anos que se leva celebrando este torneo polo Nadal. Este ano, 32 serán os equipos que compitan, 14 do Sub15 e 18 do Senior, un total de mais de 150 participantes de toda a provincia e doutras parte de Galicia.
Grazas as inscripcións levan recaudados case 1 tonelada de alimentos, que serán doados o banco de alimentos do concello. Luis Miguel Gil aproveitou tamén para facer un chamamento a todas aquelas empresas e comercios que queiran colaborar dende a bancada cero traendo alimentos.