"Andamos buscando ao agraciado ou á agraciada"

Todos querían fotografar ao equipo da Lotaría de Xinzo
"Andamos buscando ao agraciado ou á agraciada"

 A esta hora da tarde o responsable da administración de lotarías de Xinzo confirma que solo foron vendidos 1 décimo do gordo e outro dun quinto

 Non é que a sorte fora esquiva con Xinzo este ano, posto que na mesma administración  estiveron a venda 3 quintos premios e tamén os décimos do 88 008, pero que parece que a xente non lles gustaba ningún deles, posto que o resto foron devoltos.




Precisamente por todo isto a presenza de veciños e medios de comunicación ao longo da mañá foi moita arredor da administración.

Precisamente o responsable, na primeira entrevista polo 1º 5 quinto premio, nos dicía, non te vaias para lonxe, que vas a ter que volver. Y efectivamente, fomos tres veces, e na última, a falta solo de saír o gordo volveu a repetir o mesmo e acertou de novo para celebrar que tamén estivera a venda en Xinzo o 88008, pero que polo que se puido comprobar, con pouca aceptación dos veciños.

Outra vez será.

Aínda así o champan descrouchouse entre o persoal da lotaría aproveitando algún veciño, que aínda non fora agraciado quixo tamén participar da alegría dos loteiros.