Antonio Piñeiro Feijoo, veciño de Celanova, xa ten o premio Carlos Casares

Entrtega do galardón a Antonio Piñeiro
Antonio Piñeiro Feijoo, veciño de Celanova, xa ten o premio Carlos Casares

 O acto estivo presidido  polo Presidente do Parlamento , o conselleiro de Cultura, o Presidente da Fundación Carlos Casares e o alcalde de Xinzo.

 Moi poucas veces se xuntan en Xinzo tantas autoridades a nivel institucional, pero a ocasión e o personaxe que ía a recibir o premio de xornalismo Carlos Casares o celanovense  Antonio Piñeiro Jeijoo, obrou o “milagro”.


O salón nobre do Casino Antelano, cedido para este acto reuniu a políticos locais, autonómicos e veciños e veciñas, tanto de Celanova como da comarca da Limia, que non quixeron perderse o acto de entrega do diploma e da figura que leva consigo o premio.

mador Díaz, que como anfitrión abriu o acto, agradeceu a todos os presentes a asistencia e congratulouse de que despois de un parón de varios anos volva a entregarse este galardón que dignifica a Xinzo , a comarca e por suposto dálle todavía máis relevancia a figura de Carlos Casares.

CAROLINA PIÑEIRO FIXO A LAUDATIO DO PREMIADO

Carolina Piñeiro na súa maxistral intervención fixo un paso pola vida e os traballos de Antonio durante os seus 40 anos de traxectoria xornalista na que entre outras cousas inculcouna a ela a seguir os pasos de Antonio facéndose tamén ela xornalista. Aínda que era difícil o papel de Carolina pola súa condición de filla de Antonio, saíu do “apuro” extraordinariamente, non caendo en ningún momento nos cualificativos fáciles como filla, que fixo tamén que o público a interrompera con aplausos cada pouco.

O acto en si de entrega do diploma e estatuílla foi sinxelo e sentido pasando despois a intervención do homenaxeado.

Antonio Piñeiro, despois dos moitos agradecementos falou do seu comezo como corresponsal de La Región dende Celanova e da repercusión que tivo a nivel provincial coa súa nota sobre as papeleiras do seu pobo. Tal foi a repercusión que “O Carrabouxo” fíxolle unha viñeta a semana seguinte. Deu un percorrido pola súa traxectoria, dende o día que se achegou a seu pai para comunicarlle que deixaba a carreira de matemáticas, que aquelo non era o seu. Seu pai naquel momento non lle sentou ben, pero anos máis tarde entendeuno e sabe que estivo moi orgulloso do que el facía, porque así llo comunicaba aos seus correlixionarios nos bares da praza de Celanova.


Autoridades asistentes a entrega do galardón a Antonio Piñeiro

Luis Menor, presidente da Deputación , felicitou ao Concello de Xinzo por recuperar o Premio de Xornalismo Carlos Casares “e manter viva así a memoria dun ilustre veciño e gran contador de historias.

O presidente provincial tamén enxalzou a figura do galardoado nesta edición: “Antonio Piñeiro, coas súas crónicas, dá sentido ao premio que hoxe recibe, porque o seu labor encaixa á perfección nese espírito de xornalismo literario de Carlos Casares que honramos.

Na súa intervención, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, tamén aproveitou para reivindicar o traballo das cabeceiras informativas locais “cuxo esforzo é crucial para garantir que a sociedade estea perfectamente informada do que ocorre ao seu redor”.