Semana completa de actividades para todos os públicos
Mañá dúas sesións do tributo ao Rey León
Por problemas de aforo, mañá o musical tributo ao Rey León terá dúas sesións. A primeira a partir das 17:30 e a segunda ás 19:30. As invitacións comezarán a repartirse media hora antes de cada pase. Os que queiran poderán facer unha achega voluntaria para as voluntarias de acollida de gatos callejeros de Xinzo.
Cando se acaben as invitacións para a primeira función, non se entregarán as da segunda. Terán que recollerse media hora antes do comezo da segunda.
GALA DO DEPORTE E GALA DA CULTURA
Para o día 28, está prevista a celebración da xa tradicional gala do deporte no pavillón de deportes de Xinzo e o 29 a Gala da Cultura a partir das 19:00 na carpa da praza Maior.
O mesmo día 29 a partir das 21:00 na carpa da praza Maior actuarán o grupo Cherry Sweet.
TRIBUTO A JOAQUÍN SABINA
O día antes de fin de ano, o 30 a Esta actuación está previsto que se leve a cabo na carpa da praza Maior, a non ser que por mor do tempo sexa imposible, co que se trasladaría a Casa da Cultura. E con isto rematarán os actos programados ata fin de ano.