ÚLTIMA HORA-ÚLTIMA HORA

Carlos Gómez Salgado, non vai a repetir no Parlamento Galego

Carlos Gómez Salgado, non vai a repetir no Parlamento Galego

A decisión  de Carlos Gómez foille comunicada a Luis Menor, presidente da Deputación e da Xestora do partido a nivel provincial o sábado pasado no acto de entrega do premio de xornalismo Carlos Casares no Casino Antelano.

Carlos Gómez Salgado, non vai a repetir no Parlamento Galego, primeiro, por esa razón tan de moda: porque non quere.

Este luns o Parlamento Galego despedía esta lexislatura e prepara as eleccións programadas para o 18 de febreiro, domingo de piñata no Entroido de Xinzo, así como o día da Cachucha en Carballiño, etc. A última semana da campaña coincidirá en plena semana de Entroido, co luns e martes de Entroido. Tal vez aí estea tamén unha das razóns de non querer repetir: que a xente poda confundir as caravanas electorais con comparsas do Entroido.

Pero aquí non vamos a analizar esa cuestión, que non é doado en tal día como hoxe, se non a decisión que tomou unilateralmente o ata agora parlamentario galego e concelleiro de Xinzo nesta lexislatura, Carlos Gómez.

COMUNICADO AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

A decisión  de Carlos Gómez foille comunicada a Luis Menor, presidente da Deputación e da Xestora do partido a nivel provincial o sábado pasado no acto de entrega do premio de xornalismo Carlos Casares no Casino Antelano.

Carlos manifestoulle ao presidente que el estaba decidido  a rexeitar a posibilidade de estar incluído nas listas ao Parlamento de Galicia na próxima lexislatura para dedicarse ao Concello de Xinzo ao 100% do seu tempo, que é onde considera que pode ser mas útil neste momento, e facer mover a “rueda” tamén en Xinzo.

DEDICACIÓN EXCLUSIVA

Segundo manifestou ao dendealimia a súa intención e coller unha dedicación Exclusiva do concello para o que quede de mandato, co que o grupo de goberno tería que asumir outra dedicación chegando a 4.

Creo que todos os proxectos que están en marcha necesitan un seguimento día a día, co que o noso partido ten que ter a alguén con experiencia,  a tempo completo, para ver de ser quen de finalizar, polo menos algún dos proxectos iniciados, neste mandato. (Carlos Gómez). Tamén dixo, que non quere que se volva a repetir o desafortunado  feito do primeiro pleno ao que tivo que asistir dende o coche.


Como todos saben o goberno municipal é un goberno de coalición entre AXIL e PP sendo alcalde o representante de AXIL, Amador Díaz Penín, e tendo o PP a tenencia de alcaldía na persoa de Antonio Fdez. Veiga (Toni), pero este último, polo seu traballo, polas mañás non pode estar dedicado ao Concello.

A intención con esta dedicación exclusiva, di Carlos Gómez, tamén e colaborar co Alcalde, na mellora e promoción do Concello, pois ate o de agora, e por razóns similares, falta de tempo e capacidade, tamén pola acumulación de funcións, detéctanse algunhas faltas de iniciativa e empuxe, para conclusión e execución, que sen dúbida, ca súa aportación, e co seu bo facer, vai a mellorar notoriamente.

PLAN HURBE, Avd de Madrid e Auditorio

A Xunta estudará vías de colaboración co concello de Xinzo de Limia en materia de Urbanismo e solo industrial

Carlos Gómez, xa exerceu como “embaixador” ante a Xunta na lexislatura anterior, e na outra,  para a consecución do plan HURBE para Xinzo, pero é só agora que parece que vai a ser unha realidade, e pensa que o seu traballo vai a ser máis importante dende o Concello, ademais do seguimento do proxecto da Avda. de Ourense, que algún día debe empezar, e que xa fora aprobado no mandato anterior, polo goberno municipal onde o actual Alcalde era concelleiro, e a consecución do Auditorio, proxecto que levaban todos os partidos no seu programa, dende que un pode lembrar.

Que sexa para ben para o Concello, e o Parlamento que non se resinta ante tal perda, parece ser que voluntaria.

FUTURO CANDIDATO DO PP

Esta parece unha operación a máis longo plazo. Tendo en conta que Toni xa foi candidato do PP nas dúas últimas lexislaturas sen conseguir os resultados esperados e ante a posible volta do ex.- Chavelleiro, para pechar esta porta de acceso, e a de algún outro edil que xa sona para ser o número un nas próximas. Este sería un broche final a carreira de Carlos Gómez, na política Municipal.