Hoxe volve outra nova edición da Gala do Deporte
23:17 27/12/23
23:17 27/12/23
A partir das 19:30 no pavillón de deportes
Máis de 400 deportistas de Xinzo se darán cita no pavillón de deportes nunha nova edición da Gala do Deporte que ano tras ano se vive con máis ilusión por parte dos deportistas dos clubes de Xinzo e de outros onde están deportistas nacidos en Xinzo, esperanzados en ser algún dos que reciban a distinción de mellor deportista, por algunha das disciplinas.
A Gala que estará dirixida un ano máis pola televisiva Patricia Santana, veciña da Limia, e por Pablo Riós. Ademais haberá a actuación musical de Diana Tarín e Hector Lorenzo.