Para ver o vídeo da gala prema aquí.
Rematou a Gala do deporte de Xinzo 2023
Asistiron como invitados o delegado da Xunta Gabriel Alén e o responsable de deportes da Xunta en Ourense
Hoxe era o día de homenaxear aos deportistas de Xinzo durante a súa traxectoria no ano 2023. Nesta terceira edición, moito máis rápida que a anterior, foron pasando polo escenario máis de medio cento de deportistas das distintas disciplinas nas que participan atletas, ximnastas e deportistas de equipo que participan nas diferentes competicións provinciais e galegas.
O acto estivo presentado pola Limiá Patricia Santana e Rubén Ríos que repiten como mestres de cerimonias da gala.
A música estivo da man de Diana Tarín e Hector Lorenzo.
Amador Díaz, alcalde de Xinzo, quixo agradecer na súa intervención sobre todo a cantidade de xente que non aparece en ningunha foto e que gracias a eles funciona o deporte amateur na nosa vila e concello.
Gabriel Alén, delegado da Xunta, que era a primeira vez que asistía a gala dixo estar sorprendido, non solo pola cantidade de deportistas que ten o concello e a comarca, que veñen a Xinzo e tamén na calidade, vendo os premios e as marcas acadadas por todos os premiados, tanto a nivel provincial como galego e por suposto, na figura do ciclista Carlos Canal, xa a nivel internacional.
Cristina Campero, concelleira de deportes, subiu ao escenario precisamente para entregar a distinción a Carlos Canal e anunciar que o próximo 24 de febreiro unha das etapas ciclistas do Gran Camiño, sairá de Xinzo.
Unha vez rematado o acto e despois da foto de familia, os responsables dos distintos clubs e asociacións, pasaron a degustar uns pinchos no propio ximnasio do pavillón, onde tiveron oportunidade de intercambiar anécdotas e vivencias tanto cos compañeiros como cos políticos asistentes a gala.