Arranca a Precampaña das galegas mañá en Xinzo
Desembarco da cúpula do PSdG-PSOE mañá en Xinzo
O PPdG- da Limia rexeita a mobilización porque a reunión solicitada ao Conselleiro celebrarase o próximo día 9
Mañá pola mañá aprobeitando a mobilización da Plataforma de loita pola Pediatría da Limia desprazaranse ata Xinzo o candidato do PSdG-PSOE a presidencia da Xunta acompañado polo Secretario Provincial e a diputada provincial e ex alcaldesa Elvira Lama.
Nota enviada polo partido fai unas horas:
O
candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez
Besteiro, acompañado polo secretario provincial e senador, Rafael
Rodríguez Villarino; pola deputada provincial e voceira socialista en
Xinzo, Elvira Lama Fernández; por deputados e deputadas autonómicos
e provinciais e por outros cargos orgánicos do partido na provincia e comarca
participarán na mobilización convocada pola Plataforma Loita Pediátrica na
Limia, que fará un percorrido dende o centro de saúde á Praza Maior.
Tamén O Partido Popular da Limia mandou un comunicado aos medios anunciando que os seus alcaldes, alcaldesas e e concelleiros do partido na Limia, NON acudirán a movilización.
Comunicado do PP da Limia:
As alcaldesas, alcaldes
e portavoces do Partido Popular na comarca da Limia acordaron non participar na
manifestación convocada para mañá sábado, 30 de decembro, na capital antelá, en
demanda de solucións á falta de profesionais de pediatría.
Os representantes
populares destacan que desde o primeiro momento apoiaron as reclamacións da
plataforma Loita Pediatras da Limia, mesmo tamén expresando o seu acordo coa
creación dunha comisión negociadora integrada por membros do citado colectivo e
alcaldes da comarca, co fin de manter una reunión coa Consellería de Sanidade.
Con todo, subliñan
desde o PP da Limia, “a nosa principal aposta sempre foi o diálogo, como así o
defendemos na reunión celebrada no Concello de Xinzo, onde cómpre lembrar que
tamén pedimos expresamente aprazar calquera mobilización ata que se produza a reunión
cos responsables de Sanidade”.
Esta reunión, engaden,
vaise celebrar o próximo día 9 de xaneiro en Santiago co conselleiro de
Sanidade, “polo que non entendemos a urxencia coa se convoca a manifestación do
sábado”.
Para os representantes
municipais do PP na comarca, “organizar esta concentración sen coñecer o
resultado dunha entrevista que aínda non se produciu e cunhas eleccións
autonómicas xa convocadas só vai procurar a politización partidista dun
problema que afecta que afecta a todos os país e nais da comarca, con
independencia de cores políticos”.
O BNG de Xinzo comunica que os seus concelleiros de toda a Limia estarán presentes e acompañados por parlamentarios do grupo a nivel autonómico e provincial, confirmando a asistencia xa de Noa Presas e Iago Tabarés, ainda que manifestan que o protagonismo nesta ocasión ten que ser da Plataforma.