Alfonso Lois, coordinador de Cultura do Concello, PREMIO ESPECIAL da Gala

Público que asistiu a entrega dos premios
Alfonso Lois, coordinador de Cultura do Concello, PREMIO ESPECIAL da Gala

 6 premios a título persoal 3 colectivos 4 a asociacións sen ánimo de lucro e 2 a establecementos

Onte celebrouse a primeira Gala de Cultura 2023 que organizou a Concellería de Cultura e que pretende, segundo anunciou o concelleiro Carlos Gómez, ter continuidade en anos sucesivos.


Marcos Argibay, fixo as labores de condutor da gala manifestando ao comezo da mesma que Non están todos e todas os que o merecen, pero meréceno sobradamente todos os que están e, en vindeiras edicións seguiremos aportando nomes propios e de colectivos que fan grande o movemento cultural de Xinzo

Alfonso Carlos Lois, foi o primeiro galardonado co Premio Especial , despois de 25 anos dedicado  en corpo e alma a traballar sen descanso por a cultura, e ao servizo dos veciños e veciñas, nas actividades que  se desenvolveron na casa da Cultura e por todo o Concello.


Os seguintes premios individuais foron para o escultor Xosé Lois Carrera, autor entre outras moitas obras da “Dama da Lagoa”, Lara Sotelo campioa de varios certames de gaitas en anos sucesivos na categoría de ata 18 anos.

Despois subiron ao escenario para recibir os seus respectivos galardóns o escritor limiao Cándido Paniagua   e o fotógrafo  Blas González . O primeiro entre outras publicacións as últimas “48 horas” e “Fora de Xogo”. Blas inaugurou a exposición fotográfica Cadernos da Limia, a cal aínda se pode ver ata o 14 de xaneiro en Sandiás. E por último Xosé Calleja López Documentalista que recolle e divulga as tradicións e a riqueza cultural, natural, arquitectónica e paisaxística da nosa comarca a través do seu  Blog “As tradicións da Limia”. Fundador tamén é Presidente da Asociación Cultural O BIÓN.

Despois da actuación dun membro do grupo Los Farsantes pasouse a entrega dos premios colectivos.

O primeiro, pola súa traxectoria dentro da música, como director e fundador entre outras da ESMULI con grandes premios en actuacións ao longo de Galicia e España, así como fundador de varias orquestras a AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA e ao seu director JOSÉ LUIS TIELAS.


A segunda entidade, tamén musical, galardoada cun recoñecemento na Gala da Cultura 2023 con 35 anos de historia foi a Banda de Gaitas e Percusión do concello de Xinzo . Da man de Fernando, Xoan e Miguel, os tres mosqueteiros da gaita, da Pandeireta e da Percusión.

E por último, dentro do mesmo apartado recibiu a distinción o Conservatorio Profesional de Música CMUS, ao que se considera unha das xoias da Coroa da Limia, dirixido dende a súa apertura por unha muller, profesora de varios instrumentos, Esmeralda Marra. Recolleron o premio a propia directora en nome do profesorado e dúas alumnas representantes do alumnado do centro.

Dentro do apartado de colectivos e asociacións sen ánimo de lucro, nesta primeira edición premiouse a Asociación Cultural A PANTALLA, ASOCIACIÓN DE TEATRO ANÉIS;

CENTRO DE CULTURA POPULAR DO LIMIA; CORO AIMIL FOLK e a CÍVITAS LIMICORUM.


Para rematar a Gala fíxose entrega do Diploma 2023 a dous establecementos. O primeiro deles a AGORA. SONIA TRIGO CREADORA DOS ROTEIROS LITERARIOS E DO CLUB DE LECTURA E DE ESCRITURA: “A LETRA FALA”. E o segundo e último ao BAR LULO polos seus 50 anos de historia ininterrompida.

Os premios foron entregados por representantes do concello de Xinzo, encabezados polo concelleiro de Cultura Carlos Gómez, ideólogo da Gala.